Récord de nenos na Escola de Verán do Couto: 430 participantes

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

A iniciativa da Fundación Eduardo Pondal alcanza este ano a súa edición número 43

30 jul 2025 . Actualizado a las 23:46 h.

Esta semana presentouse no Couto unha nova edición da Escola de Verán, iniciativa promovida pola Fundación Eduardo Pondal para o fomento da conciliación familiar que este ano alcanza a súa edición número 43 con récord de inscritos: nada menos que 430 rapaces que serán divididos en 19 grupos.

Do 1 ao 31 de agosto compartirán xornadas cun equipo de monitorado experto e tamén con persoas en formación que se incorporarán ás equipas. Priorizaranse as actividades no exterior e fomentarase un espazo «libre, igualitario, comprometido co medio ambiente e coa fraternidade», apuntaron durante a inauguración desta edición.

Os rapaces participarán nas actividades de 11.00 a 13.30 horas, aínda que tamén haberá un servizo de madrugadores de 9.00 a 11.00. Durante a montaxe e desmontaxe do festival Festiletras, as actividades trasladaranse á praia de Balarés.