Lema Suárez recibiu o premio Careón nun festival de teatro e natureza

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CARBALLO

.

O soneirán estivo acompañado por moitos membros do Semescom

07 sep 2025 . Actualizado a las 11:32 h.

A natureza e o etnoteatro trunfan en Santiago de Albá e San Mamede de Coence, en Palas de Rei, onde centos de persoas gozaron do Son D’ Aldea e recibiron premios a actriz María Vázquez (Matria), o Museo do Pobo Galego e o soneirán Xosé María Lema Suárez. Dende primeiras horas da mañá houbo unha ruta de representacións teatrais entre ríos, carballos, abeneiros e salgueiros nun ambiente admirable.

Despois do xantar, Lema Suárez recibiu o recoñecemento Careón, que o ano anterior fora para Xosé Luís Otero Cebral, que foi mestre na Costa da Morte e autor de varias obras de poesía e etnografía. No seu discurso, Xosé María Lema referiuse a Otero Cebral polo labor conxunto que fixeron sobre Manuel do Monte, o home dos pintos e pintor naif. Ademais de explicar a orixe da denominación de premio (a Serra de Careón xunta terras de tres provincias), Lema expresou o seu rexeitamento a Altri e denunciou o xenocidio de Gaza. Loou o labor de Alfonso García e todo o equipo de Son D’ Aldea e lembrouse do Semescom, do que moitos membros estaban presentes; ProLingua; os compañeiros da promoción de Historia, a Coral Polifónica da Estrada e do instituto Antón Losada. Dedicoulle o recoñecemento á súa dona, aos seus fillos, ás súas netas que viven en Italia, pero que falan galego, e aos seus sobriños. E tamén se lembrou do colexio Labarta Pose, autor para o que desexou un Día das Letras Galegas.