Actividades de sensibilización ambiental en Caión

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Ana García

Unha exposición sobre aves mariñas, unha ruta de observación de aves e unha camiñata polo Sendeiro Azul: as propostas

16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo da instalación dunhas letras corpóreas que forman a palabra Caión, do deseño dunha ruta de selfis e do pintado de varios murais, o Concello da Laracha segue a desenvolver as propostas do programa O mar de Caión: un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro, iniciativa impulsada xunto co GALP Costa da MorteDito programa incluirá varias actividades de sensibilización ambiental que estarán dirixidas a tódolos públicos e nas que poderá participar quen o desexe.

Este venres, ás 18.30, inaugurarase unha exposición sobre aves mariñas no centro sociocomunitario de Caión, podendo visitarse ata o vindeiro 3 de outubro.

Para o sábado 20, ás 10.00, está programada unha ruta guiada de observación de aves. Durará dúas horas e hai 30 prazas dispoñibles, co cal será necesario anotarse no 981 604 328 ou no correo turismo@alaracha.gal.

O sábado 27, por último, haberá unha camiñada polo Sendeiro Azul ás 11.00, tamén con inscrición previa.