Inauguración de dúas mostras, programa Apego... A axenda deste mércores 1 de outubro na Costa da Morte!
CARBALLO

En Carballo haberá unha homenaxe ao que foi o cura de Bértoa no 1936
01 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Avanzamos na semana coa seguinte axenda para a Costa da Morte:
Carballo · Ademais da homenaxe a Narciso Coello, o que foi párroco de Bértoa no 1936 (ver páxina 4), hoxe tamén se presentarán nas Escolas do Xardín Agra de Caldas os Diarios de Syra Alonso, a esposa do pintor Francisco Miguel, fusilado en Bértoa. Será ás 19.30.
Baio · Ás 18.00 inaugurarase no centro sociocultural de Baio a exposición VitaminArte, da artista María José Rodríguez.
Carballo · Continúan as propostas do programa Apego, hoxe cun achegamento aos xardíns municipais da man da paisaxista Carmen Alonso. A actividade, para nenos de ata 3 anos, será ás 17.00 e ás 18.00 no Xardín Municipal.
Fisterra · Inauguración (18.30) da mostra Cantemos todos a unha. O cantigueiro popular galego no Mercado Cultural. Vén da man da Consellería de Cultura e asistirá o secretario xeral da Lingua.