Ledicia Costas abriu o novo curso do club Baiolendo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A escritora pasou polo instituto de Baio para falar da súa obra «Pel de cordeiro» (Xerais)

03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Flores, velas, palabras, maxia e ata meigas conviviron no paso da escritora Ledicia Costas polo instituto de Baio, onde vén de comezar o cuarto ano do club de lectura de adultos Baiolendo. Falou a autora da súa novela Pel de cordeiro, libro «constelación» de ampla documentación, na que este luns afondou. As reunións do club de lectura baiés son os luns, de 15.30 a 16.30: «Durante estes minutos facemos unha paréntese nas preocupacións e a rutina cotiás para dar paso á imaxinación, á tertulia e ás reflexións arredor dun libro».