O prazo aínda está aberto nas propostas con prazas dispoñibles
07 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Laracha ten aberta a inscrición nas diferentes actividades municipais do curso 2025-2026 con prazas dispoñibles, pero polo momento xa son 1.200 os anotados, «un éxito», afirma o goberno. A ximnasia de mantemento, con 228 apuntados, é a proposta que máis triunfa entre os adultos, mentres que os máis mozos apostan, sobre todo, pola zumba.
Son en total 33 iniciativas, coa «maior oferta de disciplinas, máis participación cidadá e que abrangue un maior período de tempo, xa que hai actividades desde o 14 de outubro e ata finais de maio», sinalan. Hai novidades.
A cota é de 30 euros «por toda a duración da actividade», con descontos. Inscricións na Casa da Cultura e en www.alaracha.gal.