Unha festa A Tempo en A Laracha

La Voz

CARBALLO

,

Costa Activa | El centro de entrenamiento organizó una divertida jornada con una competición híbrida

17 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O centro de adestramento Tempo, da Laracha, celebrou o domingo o seu segundo aniversario co evento ATempoX. Foi unha competición, cun formato híbrido que mesturaba carreira con exercicios de forza, que xuntou a máis de 140 atletas chegados de toda a Costa da Morte e arredores. Con sol e animación constante, foi unha auténtica festa do deporte, na que tiveron moito que ver os 50 voluntarios cos que contou o ximnasio anfitrión.