Novembro de Ciclo de Teatro en Ponteceso: van xa 32 anos

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

A primeira parada será o día 1, con Malasombra e a obra «O proceso»

18 oct 2025 . Actualizado a las 23:42 h.

Vén de presentar o Concello de Ponteceso a 32.ª edición do seu Ciclo de Teatro, que reivindican non só como referente cultural senón como un dos máis lonxevos da provincia. Serán cinco propostas para o mes de novembro, combinando comedia, reflexión e crítica social: O proceso, de Malasombra, o 1 de novembro; Rara Avis 3.0, de Lila Teatro, o 8; Apaga o candil, de Contraproducións, o 15; A limpadora, a psiquiatra e o marido asesor, de A&Z Producións, o 22; e Neura, de De Ste Xeito, o 29. Raquel Fondo, edila de Cultura, destaca o «compromiso do público e das compañías por manter viva a paixón do teatro». Define este ciclo como «unha honra».

Poden reservarse as entradas na Tesoureiría do Concello: 630 907 124. Todas as funcións, ás 22.00 no Edificio das Escolas.