Unha peza que fixo en colaboración cun taller santiagués de marroquinería é unha das tres finalistas
21 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Unha peza participada polo oleiro de Buño Alberto Lista aspira a facerse co Premio Artesanía de Galicia 2025. Así o deu o coñecer estes días o xurado do certame nunha reunión que tivo lugar na sede da Fundación Artesanía de Galicia, en Santiago de Compostela.
Nemein, así se chama a peza en cuestión, é o resultado da colaboración de Lista con Jonatan Sarachaga, do taller de marroquinería pontevedrés Coiro Tres Pés, e consiste nun xogo de té feito en barro de Buño que se transporta nun recipiente de coiro curtido con taninos naturais. Busca ser, segundo a organización, «unha cerimonia portátil e, tamén, unha alianza entre os dous oficios», din.
Un sistema de almacenaxe de botellas de Jatafarta (Santiago) e unha prenda de vestir inspirada nos tradicionais mantóns do tear, de Pal.lium (Cangas), son as outras dúas pezas que aspiran a facerse con este premio, que é convocado pola Xunta e está dotado con 9.000 euros.