Abalde expón as novidades do programa Dinamiza-ARTj

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

Cerceda e A Laracha participan deste programa cultural para territorios de transición xusta

03 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Julio Abalde, subdelegado do Goberno, presidiu este martes un encontro con representantes dos concellos ou territorios de transición xusta, na que subliñou o compromiso do Goberno estatal coa cultura nestas contornas. Un compromiso que se brinda co programa cultural Dinamiza-ARTj, que encara a súa cuarta edición, e co que se procura «dar vida» mediante propostas variadas e de calidade. Abalde expuxo para os presentes as características e novidades desta nova entrega. Na comunidade galega, participaran na terceira o 95 % dos concellos incluídos nas zonas de transición xusta de Meirama e As Pontes, e que no caso da Costa da Morte son Cerceda e A Laracha.