Últimos días para o xantar polo medio século do Otero Pedrayo larachés

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A LARACHA

Reunión preparatoria polos actos do 50 aniversario do centro larachés
Reunión preparatoria polos actos do 50 aniversario do centro larachés

O centro educativo festexará o seu 50.º aniversario o vindeiro 31 de maio, a partir das 12.00 horas

23 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O colexio Ramón Otero Pedrayo da Laracha está próximo a festexar o seu 50.º aniversario. Será, neste caso, o 31 de maio, con sesión vermú, xantar, máis música, inchables e entretemento variado, todo a partir das 12.00 horas nas instalacións do centro. O acceso é de balde, salvo no caso do xantar, para o que fan falta tiques que aínda se poden mercar, ata este vindeiro luns 24 de maio: no colexio, en instalacións Fondama, panadaría A Balsa e Tempo Training Center. O custe do xantar, a base de polbo, churrasco, bebida e postre, é de 35 euros no caso de adultos e 18 para menores de 12 anos. Aqueles que teñan menos de tres anos non pagan. Co colexio colaboran Concello e ANPA.