
Escolares do colexio Otero Pedrayo crearon a peza dende cero, co apadriñamento de Lucía Veiga e Tito Rober
15 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«Unha gran aprendizaxe para a vida». Así é como definen dende o colexio Otero Pedrayo da Laracha o que levarán sempre consigo os rapaces de sexto de primaria que veñen de participar do proxecto LÓVA da Consellería de Educación: a ópera, un vehículo de aprendizaxe. Coa súa compañía Escultores de Nubes crearon dende cero agrupación, nome, logo, guión de ópera, personaxes, escenografía, coreografía... Foron, en definitiva, artífices de todo o proceso.
O resultado de todo ese traballo puido verse o venres pola mañá, con tres pases para compañeiros do centro, na Casa da Cultura larachesa, e cun cuarto pola tarde, neste caso para as familias. Non puideron ter os rapaces mellores padriños: Lucía Veiga, actriz e recentemente nomeada directora da Academia Galega do Audiovisual, e o monologuista Tito Rober. Lucía, de feito, desprazouse o venres ata A Laracha o venres para poder compartir estrea cos estudantes.
«Algo feito con traballo e ilusión», divulgaron nas redes, agradecendo a moitos nomes que axudaron a que todo saíse adiante. Cristina Cambón ou María José Casal son dúas desas referencias.