O documental é froito de encontros mantidos nos últimos meses en Caión, Golmar, Soandres ou Montemaior
16 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Logo da súa estrea en Caión hai xa unhas cantas semanas, a Casa da Cultura da Laracha acollerá o vindeiro sábado, 22 de novembro, ás 18.30 horas, unha nova proxección do documental Os oficios tradicionais. É unha iniciativa do Concello dentro do seu programa A Memoria da Laracha, para o que ten a colaboración da Deputación e no que fía un dobre fin: previr a soidade non desexada a recuperar o saber, recordos, historias e material gráfico de interese para a súa posta en valor como patrimonio. É unha proxección para todos os públicos, con entrada libre e de balde. Trátase dun traballo producido polo escritor e documentalista Xabier Maceiras e o realizador audiovisual Raúl Lorenzo, todo froito de encontros mantidos nos últimos meses con veciños de Golmar, Caión, Soadnres ou Montemaior.