
O proxecto impulsado polo fotógrafo Eduardo de Martís chegará este venres a Cabana
16 oct 2024 . Actualizado a las 18:11 h.Venres 18 de outubro • Cal é o valor social, económico ou de sustentabilidade que atesoura a cultura galega hoxe en día? Esta pregunta é a premisa da que parte o proxecto Galicia latente, iniciativa do fotógrafo Eduardo de Martís que solidificou, entre outras cuestións, na publicación dun estudo-libro con 233 imaxes feitas entre os anos 2020 e 2023 en máis de 140 concellos de Galicia.

Galicia latente chegará este venres 18 de outubro a Cabana, ao Centro Arqueolóxico do dolmen de Dombate —17.00 horas— e faro cun debate participativo sobre desenvolvemento local, no que tomarán parte voces que viven e traballan nestas terras. Un debate sobre retos e oportunidades que rematará, ademais, cunha recollida de valores locais. Entre os desafíos, o envellecemento poboacional ou a xestión do patrimonio local. Galicia latente ten pasado xa por moi diversos puntos, e no horizonte máis inmediato contémplanse outras localidades como a vila de Camariñas.