Opcións «para todas as idades» nas Letras Galegas de Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

O espectáculo Sol Fuerza pechará a programación
O espectáculo Sol Fuerza pechará a programación ANA GARCÍA

As actividades programadas concentraranse entre o xoves 15 e o sábado 17 de maio

03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa deu a coñecer tamén o Concello de Camariñas a súa programación en torno ás Letras Galegas, neste caso concentrada en tres días, do 15 ao 17 de maio, e con «opcións para toda as idades». Na primeira das xornadas, o 15, a parada será dobre, aínda que sempre na biblioteca municipal, e con dous contacontos: por un lado, ás 12.30, Caixa, caixiña, caixón, para rapaces de 6 a 10 anos, e ás 17.30, Carme, a cantareira, todo a cargo de Andamiaxe. Haberá o 16 (venres) outro contacontos na biblioteca: 11.00, Estás como unha cabra, de Noelia Porto, para pequenos de infantil. Por último, o sábado 17, actuarán As Cansorriñas e Mar Devalado ás 19.00, na Casa de Pedra, seguindo despois a entrega dos premios do certame literario convocado e teatro con aAntena: Sol fuerza.