Concurso literario infantil en Camariñas arredor das Letras 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CAMARIÑAS

Ana Garcia

Nas Torres do Allo haberá o propio 17 de maio un obradoiro para rapaces de 5 a 12 anos 

10 may 2025 . Actualizado a las 23:50 h.

Ata o 12 de maio poderá participarse no certame literario infantil e xuvenil convocado polo Concello de Camariñas con motivo do Día das Letras Galegas. Vai dirixido a alumnado de infantil, primaria e secundaria do municipio, e repartiranse un total de 580 euros en premios. É valida a prosa ou o verso, en galego. Bases detalladas no BOP.

Doutra banda, as Torres do Allo, o pazo máis antigo de Galicia, acollerán o 17 de maio un obradoiro ligado ás Letras Galegas: Arte azul, ás 16.00 horas, para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Procurarán plasmar nun lenzo a esencia de Galicia. Trátase dun taller gratuíto, mais con inscriciión previa, no 981 751 398, 981 718 056 ou no correo info@torresdoallo.gal.