A asociación Lumarea de Camariñas cumpre un soño

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CAMARIÑAS

JOSE PARDO

Xa se coñece o programa para o 23 de xuño en Area da Vila, e nel está a París de Noia

24 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Se se fala da noite das cachelas na Costa da Morte, unha das que máis miradas atrae está en Camariñas. Alí, a asociación Lumarea organiza a que reivindican precisamente como «a mellor lumarea de Galicia». Creatividade e tradición que chegan ao seu culme o 23 de xuño. Hai xa uns días que circula o soño cumprido para a entidade: «Dende que se fundou sempre tivemos o soño de que unha orquestra grande actuase, e por fin puidemos conseguilo». Non será outra que unha das máis aclamadas en Galicia, a París de Noia, que xusto o día antes poderá verse en Carballo.

Inchables, sardiñada, as charangas Louband e Mekánika Rolling Band, espectáculo pirotécnico e discoteca móbil Impacto completan un cartel que se desenvolverá todo na praia Area da Vila.