Letras con rock en Carballo e algo máis na axenda deste mércores 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

Corcubión tamén ten unha cita coa literatura, da man de Modesto Fraga: ¡tome nota! 

26 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«A tope» en todos os sentidos pasou onte o día Paco Cerdeira, Pakolas, pola capital de Bergantiños. Con novísimo libro-cedé baixo o brazo, «A Ramona pequena vai á lúa», el foi o protagonista da segunda xornada da Semana do Libro e a Lectura impulsada polo Concello e a AS-PG, con sede de operacións na biblioteca Rego da Balsa. A base de palmas e historias, este martes leuse en Carballo a ritmo de rock. Hoxe será a quenda para Títeres Alakdrán, con «Circo galaico», e para María da Pontragha, con «Un saco de contos», que se repartirán as actividades da mañá concertadas cos centros escolares. Ás 18.00 horas, na biblioteca, intervirá de novo Títeres Alakrán, unha sesión aberta a todos que onte xa tiña prazas esgotadas.

Co libro e a lectura ten que ver tamén outra das actividades desta xornada, en Corcubión. Álí, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, o fisterrán Modesto Fraga presentará a súa recente publicación «Ramón Marcote. Obra en prosa. Vol I». A nivel relixioso, nesta velada de mércores darase por pechado nesta localidade o San Marcos: misa ás 12.00.

Volvendo a Bergantiños, e ademais da audición de cámara prevista para as 19.30 horas no salón de actos do Pazo carballés, haberá no centro social de Lema unha sesión de primeiros auxilios no fogar, impartida por Protección Civil: 17.00, parte do programa municipal Actívate.