María Carmen Vila, PSOE de Carballo: «Temos un programa ambicioso, con propostas todas realizables»

f. rodríguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

A carreira electoral | A candidata destaca o cento de propostas presentadas neste mandato, moitas delas aprobadas polo goberno local

18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

María Carmen Vila Blanco (1967) encabeza por terceira vez a candidatura socialista en Carballo.

—E desta vez, con seis partidos.

—É unha situación novedosa, benvido todo o mundo que dea un paso adiante. Os grupos somos un reflexo da sociedade, e canto máis representada estea, mellor. Como afectará? Non se sabe. Hai un grupo que non se presenta, que tiña dous edís, e hai candidaturas novas.

—Que obxectivo se marca o PSOE?

—Acadar a alcaldía, e conformar un goberno para mellorar a vida dos veciños. Temos un programa ambicioso, as nosas propostas son todas realizables, non hai macrodesenvolvementos que igual non se logran: hai que ser humildes, sinceros e dicir a verdade. Propoñer algo construtivo.

—Que balance fai do mandato?

—Enfrontámonos a un goberno con maioría absoluta, e iso fai que a oposición estea limitada cos seus proxectos. Nós presentamos máis de cen iniciativas entre mocións, rogos e preguntas. E conseguimos mellorar os pasos de peóns, ter en conta as barreiras arquitectónicas, prazas para embarazadas, máis para a infancia... Pouco a pouco conseguimos cousas, e aprobáronnos a maiorías das mocións. Así que estamos satisfeitos, sabendo que hai que ser ambiciosos. Por que unhas cousas si e outras non? As maiorías son as que son. Nós podemos apoiar, criticar e propoñer alternativas.

—Que destaca do seu programa?

—Temos varias cousas, e novidosas. Non renunciamos ao edificio de entidades sociais, como hai catro anos. E a variante, e a ampliación do polígono, non podemos perdelos de vista. Impulsaremos agricultura ecolóxica de calidade, coa marca Carballo verde. Reparación de bicis de acceso público, novo estudo do espazo público por distritos, reordenación de accesos ao casco urbano e do tráfico, ter unha gran praza...

A LISTA

1. María Carmen Vila Blanco

2. Valentín Costa Trillo

3. César Fernando Varela Novo

4. María del Carmen Figueiras Britos

5. Juan Ramón Rama Pose

6. Cristina casas Castro

7. David Antonio Mato Mariño

8. Sandra María Rama Pose

9. Xosé Antón Iglesias García

10. Ana Laura Freire Fernández

11. Daniel Marrozos Romero

12. María Isolina Loureiro Tasende

13. Víctor Hugo Rocha Silva

14. Andrea Patricia de León Gamba

15. Óscar Alejandro Torres Pose

16. María Esther Pena Seoane

17. José Antonio Vila Lema

18. Rosana Silvina Calvo Rodríguez

19. Jorge Pablo Panteón Rodríguez

20. María Torres Pose

21. José Antonio Viña Patiño

Suplentes:

Karen Noelia Rocha Periscal

Luis Manuel Caamaño Seoane

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Entre 8.00 e 8.30
  • Que almorza? Café só
  • Prato preferido: A pizza e a caldeirada
  • Que non comería? Polo ou ovos
  • Bebida preferida: Café e cervexa
  • Equipo de fútbol: Real Madrid
  • Que coche ten? Un Alfa Romeo algo vello
  • Unha afección: Ler e calcetar
  • Un lugar: Razo
  • Unha rede social? Twitter

ARTES E LETRAS

  • Escritor/a favorito: Moitos. Javier Castillo, ou os 3 Carmen Mola
  • Último libro que leu: La verdad sobre el caso de Harry Quebert
  • Última película que viu: Dios mío ¿pero qué te hemos hecho?
  • Un artista: Clásicos: Miguel Ángel ou Velázquez
  • Un actor: Robert de Niro
  • Unha actriz: Meryl Streep
  • Un/ha cantante ou grupo: Freddie Mercury
  • Tipo de música: Rock, pop, clásica
  • Deporte que practica: Pouco. Gústame camiñar e nadar
  • Unha viaxe pendente: Lisboa e París