Adeus coral e asociativo á xornada «Vivan as do meu lugar», en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

O ABALADOIRO | A programación das Letras Galegas continúa dende hoxe cun espectáculo para público escolar

05 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Falaron de repertorio, de informantes, de tradición, de historia, de retos e desafíos, de oralidade, do relevo xeracional... E para poñer o broche de honra a tan especial xornada, como non, tocaba subir ao palco para demostrar por que as entidades tradicionais son tan importantes na preservación e difusión do patrimonio musical e oral.

O encontro Vivan as do meu lugar, promovido polo Concello de Carballo no marco da programación das Letras Galegas, rematou o sábado co concerto «Canta, miña Compañeira», no que participaron as cantareiras de Arume de Verdillo, as de Nemeth, as de San Campio de Cances, as do Candil e as Tocadoras do Alprende.

A programación continuará dende hoxe e ata o mércores nos centros de ensino, a onde se achegará María Faltri co seu espectáculo musical Coa pandeireta na man. Con el, o alumnado coñecerá a importancia da tradición oral.