Manualidades das alumnas de Remocea, a exposición en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Os traballos poden visitarse ata finais de mes na biblioteca Rego da Balsa

14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende onte e ata final de mes pode visitarse na planta alta da Biblioteca Rego da Balsa de Carballo unha mostra de manualidades feitas polas alumnas das actividades lúdico-formativas do programa Remocea. Aglutina este iniciativas para maiores de 60 anos promovidas polo Concello de Carballo: nelas houbo 73 persoas participando con asiduidade, en sesións semanais levadas a cabo nos centros sociais de A Imende, Lema, Aldemunde, Sofán, Entrecruces ou Razo, así como nas Escolas Agra de Caldas de Carballo. A exposición de manualidades permite unha viaxe no tempo, dende o outubro inicial ata este xuño de clausura, con pezas alusivas ao outono, o Nadal ou o Día do Amor.