Conta atrás para a homenaxe a Concha Blanco en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANA GARCÍA

Promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Será o 12 de xuño

26 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

12 de xuño • A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) xa deu a coñecer o programa da homenaxe a Concha Blancho, autora ceense sobre a que recae na súa 27.ª edición a iniciativa A escritora na súa terra. Será o 12 de xuño. A praza que levará o seu nome será o punto de encontro, ás 11.15 horas. Alí descubrirase un monólito conmemorativo e plantarase a árbore simbólica da autora. Acompañarán á homenaxeada Margarita Lamela, alcaldesa de Cee, e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. A praza quedará oficialmente inaugurada ás 12.15, coa intervención de Concha Blanco e Lamela. Ás 12.30, na Casa da Cultura, falará tamén Pilar Sampedro (Laudatio da autora), ademais de Lamela, Sánchez e, de novo, Blanco. Entregaráselle unha peza escultórica obra de Soledad Peralta.