
O xoves proxectarase no cine «Salvaxe, salvaxe» e o venres chegará á localidade a peza teatral «No controles, el musical de los 80?s y 90?s»
26 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os Cines Xunqueira de Cee acollerán mañá, xoves, a proxección do filme Salvaxe, salvaxe, primeira longametraxe do cineasta Emilio Fonseca e peza premiada en importantes citas como o Festival de Málaga.
Rodado entre Galicia e Portugal coa compaña de científicos e investigadores, aborda temas como a convivencia coas poboacións de lobo e «busca resignificar as imaxes da natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos», indican dende a produtora do filme.
A proxección será ás oito da tarde e un día despois, o venres, chegará a Cee a produción teatral No controles, el musical de los 80's y 90's, dirixido por Alberto Monsalvo. Será representado no auditorio da Casa da Cultura, ás nove da tarde, e as entradas xa se poden conseguir en Ticketrona ou no estanco Talieiro dende 14,50 euros.
Quen asista, gozará dunha «emocionante viaxe a través dos grandes éxitos musicais desas dúas décadas, cunha historia actual de superación» que emocionará.