Galos, solidariedade e música en San Adrián de Toba

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

ANA GARCÍA

Como manda a tradición, logo da misa solemne levouse a cabo a tradicional poxa de galos

17 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Quen poxa polos galos de San Adrián, cen anos vivirá». Con semellante sentenza abriu onte Encarna Iglesias Trillo a poxa de galos que, como manda a tradición, se celebrou onte en Toba (Cee) logo da misa solemne pola romaría de San Adrián.

Aínda que a rifa dos animais comezou con certa timidez, enseguida comezaron a aparecer os primeiros interesados, e o exemplar inaugural foi finalmente despachado por 25 euros. Trinta e cinco a parella, vinte por outro galo solitario, outros trinta por un par de aves... E así ata completar os exemplares dispoñibles, sendo algúns deles mesmo poxados en máis dunha ocasión para maior esmola ao santo.

A de onte foi unha xornada solleira con alboradas, charangas e a actuación da Coral Costa da Morte. Os párrocos que tomaron parte no festexo relixioso tamén aproveitaron para anunciar a festa solidaria que está a preparar a ONG Egueire.