Obradoiro de San Xoán nas Torres do Allo, este domingo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

BASILIO BELLO

É gratuíto, máis cómpre reservar praza, xa que son limitadas: comezará ás 16.00 horas

20 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Lembra o Concello de Zas que é precisa a inscrición no obradoiro de San Xoán que acollerán as Torres do Allo este vindeiro domingo 22, das 16.00 en adiante, para pequenos de 5 a 12 anos. Será un taller creativo e de balde, mais coas prazas limitadas, no que os nenos elaborarán o seu propio amuleto para a noite das cachelas, un sol moi persoal. Trátase de achegalos ás tradicións destas datas. As familias interesadas poden anotar aos pequenos no 981 751 398, no 981 718 056 ou a través do correo info@torresdoallo.gal.