
O Abaladoiro | O trío SeeFol, integrado por Pablo Canosa, Brais Varela e Eloy Mato, obtivo o primeiro posto da súa categoría
26 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Coruña acolleu esta pasada fin de semana o 58º. Certame Nacional de Acordeón e o 5º Acordeón Splash, unha cita, esta última, na que un trío da Escola de Música de Cee colleitou excelentes resultados. SeeFol, integrado por Pablo Canosa, Brais Varela e Eloy Mato, obtivo o primeiro premio da súa categoría.
Fernando Fraga, director do centro, amosouse orgulloso polos recoñecementos e apuntou que outros tres alumnos seus, desta banda do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, obtiveron tamén bos resultados. Destacadas figuras do panorama nacional e internacional xulgaron aos participantes do certame, promovido por Asaces.