Clausura da primeira experiencia da Universidade Sénior en Cee

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

ANA GARCÍA

Inscribíronse 58 persoas maiores de 50 anos neste programa formativo que hoxe conclúe

26 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • O salón de actos do Concello de Cee acollerá hoxe a derradeira sesión das xornadas que a Universidade Sénior da UDC puxo en marcha na localidade para maiores de 50 anos. Foi a primeira experiencia deste tipo na vila e houbo 58 persoas inscritas.

Esta proposta formativa foi deseñada especificamente para os adultos maiores da comarca e constou de ter módulos con sesións teórico-prácticas impartidas por profesorado da UDC. Humanidades e ciencias sociais, ciencias da terra e tecnoloxía e ciencias da vida e da saúde foron os contidos sobre os que aprenderon ao longo do mes de xuño os participantes, que asistirán hoxe á súa derradeira sesión.

Levará por título Educación para a saúde dende o exercicio terapéutico e será impartida pola profesora Isabel Raposo Vidal. A continuación, polas sete da tarde, celebrarase o acto de clausura, no que participarán o Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle López; a directora da Universidade Sénior, Matilde García, e a alcaldesa de Cee, Margot Lamela.