APEM conmemorará en Cee o Día da Saúde Mental

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

iStock

Será o vindeiro 10 de outubro, con portas abertas e acto conmemorativo ás 12.00 horas 

05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

10 de outubro • APEM conmemorará o 10 deste mes en Cee o Día Mundial da Saúde Mental, baixo o lema Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental. Terán xornada de portas abertas dende as 10.00, con acto conmemorativo ás 12.00 que inclúe lectura de manifesto por parte de usuarios e encontro con asociacións da contorna, profesionais, outras asociacións e representantes municipais. En días previos, doutra banda, instalaranse mesas informativas no hospital Virxe da Xunqueira, e contarán co psiquiatra Lucas Mera e a enfermeira Sonia Riveiro para impartir formación sobre estratexias de apoio emocional. «Coidar a saúde mental é unha responsabilidade compartida», traslada APEM.