Huelga en el servicio de limpieza del hospital de Cee por la equiparación laboral
CEE
La jornada de movilización incluyó una concentración a la puertas del centro sanitario
20 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Personal del servicio de limpieza del hospital Virxe da Xunqueira de Cee secundó ayer, con un seguimiento de más del 90 %, según la CIG, la huelga convocada para exigir la equiparación salarial y laboral con compañeros que prestan servicio en otros hospitales. En los tres turnos de ayer en Cee se convocó huelga de 24 horas y hubo además concentración a las puertas del centro, igual que se hará el próximo 26 de noviembre.
Desde el colectivo de trabajadores trasladaron: «Hoxe, neste primeiro día de folga, o colectivo de traballadoras da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira —igual que as compañeiras do Barbanza e do Salnés que tamén están en folga— manifestamos o noso malestar e indignación polo desprezo absoluto que estamos a recibir por parte dunha administración pública como é o Sergas, dependente da Xunta de Galicia. A día de hoxe, malia levar meses solicitando formalmente unha reunión, o SERGAS nin sequera se dignou a convocarnos, ignorando a existencia dun conflito laboral que eles mesmos alimentan e do que son plenamente responsables. Saben que a situación é profundamente inxusta: realizamos exactamente o mesmo traballo, coas mesmas funcións e responsabilidades que o persoal doutros hospitais da mesma área sanitaria, pero sufrimos condicións laborais e salariais inferiores. Esta discriminación non é nova, pero si é absolutamente intolerable. Noutros hospitais —como Burela ou O Barco— xa se corrixiu, demostrando que a equiparación é posible cando hai vontade política. No noso caso, a resposta da administración é un silencio deliberado que evidencia falta de respecto, falta de responsabilidade e falta de compromiso cos dereitos das traballadoras e traballadores. Exiximos que o Sergas abra de inmediato unha mesa de negociación, tal e como levamos pedindo desde hai meses, para avanzar cara á equiparación real e total das nosas condicións laborais e salariais. Non imos aceptar seguir sendo persoal de segunda dentro dos mesmos hospitais. A discriminación é evidente e a responsabilidade é da Administración».