Juan Manuel Rodríguez, PSOE de Cerceda: «Estamos trasladando a nosa mensaxe porta a porta»
CERCEDA

A carreira electoral | O alcalde e aspirante socialista di que teñen moi clara a cara onde ten que ir a industria no concello. Tamén investirán bastante en materia social e en obras
25 may 2023 . Actualizado a las 22:11 h.Juan Manuel Rodríguez (Cerceda, 1990) é alcalde desde o 12 febreiro do 2020, un mes antes do inicio da pandemia en España. Agora lidera a lista do PSOE.
—Como viviu estes anos?
—Con moitas ganas, moito compromiso e moito esforzo e, como sempre digo, con dúas versións. Por un lado o da tremenda responsabilidade que supón ser representante de tódolos veciños e, por outro, coa satisfacción de poder ser alcalde. Creo que é algo significativo para min porque me gusta o que fago.
—Como leva a campaña?
—É a terceira que vivo. Evidentemente, sendo o líder, con máis responsabilidade, pero xa me sentía moi implicado no 2019 como número dous e incluso como número 16, terceiro suplente no 2015, porque cando vas na lista nesas circunstancias aínda é máis significativo o apoio. Nós simplemente estamos trasladando a nosa mensaxe porta a porta, chegando a tódolos lugares previstos, sen saturar porque nós temos que ter en conta que a xente ten moitas actividades diarias e hai que pautar moi ben os actos políticos.
—Que destaca do feito ata agora?
—A mellora na mobilidade peonil está moi clara e a redución de emisións de CO2 e aforro enerxético. Tamén a da accesibilidade nas infraestruturas públicas tanto sanitarias como de educación. A nivel de investimento, a nosa aposta foi clara nun momento que os ingresos do Concello se viron reducidos. A nivel social máis alá da axuda no fogar estivemos moi preto dos colexios, aumentamos as actividades en grupo para a xente de maior idade. No ámbito económico estivemos moi preto do instituto de transición xusta. Hai que darse conta de que hai 15 millóns de euros para unha planta de hidróxeno verde, na cal anuncian que se xerarán 400 empregos entre os directos, os indirectos e os inducidos. Toca desenvolver un plan parcial para o Acevedo onde vai desembarcar un grupo inversor que ten xa confirmado un investimento de 12 millóns de euros para unha planta de biodiésel. Temos unha visión de cara onde ten que ir a industria do noso concello. Tamén temos un plan de formación en enerxías limpas e moitas máis cousas.
—Que vai no programa electoral?
—Construcción de vivendas de protección pública e libre, o plan parcial do Acevedo e o do Xalo con deslinde con Carral. Imos mellorar en benestar social coa ampliación da escola infantil, onde hai dúas persoas en lista de espera. De cara aos maiores, evitar a soidade non desexada, ver un segundo fogar residencial e aumentar as horas de servizo a domicilio. Para outros grupos de idade crearemos espazos sociais recreativos. En deportes, a reforma estrutural da piscina climatizada, un novo espazo de ximnasio e seguir cos campos de fútbol. Tamén humanización do campo da feira, mellora do paseo fluvial, e continuación das sendas peonís.
A LISTA
1. Juan Manuel Rodríguez García
2. Cristina Capelán Cancelo
3. Francisco Javier Boquete Cambón
4. María Carmen Martínez Barreiro
5. Jesús Rama Bello
6. Catrina Queijo García
7. Silvia Lois Fraga
8. Ángel Gestal Gómez
9. José Óscar Golán Muíño
10. Inés Barbeito Gende
11. Daniel Becerra Pallas
12. María Esther Mosquera Fraga
13. Eladio M. Barbeito Ventureira
Suplentes
1. Tamara Gacio Ríos
2. Gervasio Villar Fraga
3. María Azucena Bermúdez Villar
4. Pablo Viqueira Otero
PREFERENCIAS
- A que hora se ergue? Ás 7.30
- Que almorza? Froita e café
- Prato preferido Churrasco de tenreira
- Que non comería? Probablemente, tripas
- Bebida preferida Auga
- Equipo de fútbol Todos os locais e o Dépor
- Que coche ten? Mercedes clase C de gama baixa
- Unha afección Ler, facer deporte, viaxar...
- Un lugar Cerceda
- Unha rede social? Facebook, pero non son fan
ARTES E LETRAS
- Escritor/a favorito Norman Mailer e Noam Chomsky
- Último libro que leu La encrucijada mundial
- Última película que viu Creed III
- Un/unha artista Lola Flores
- Un actor Sylvester Stallone
- Unha actriz Angelina Joile
- Un/a cantante ou grupo Joaquín Sabina
- Tipo de música De todo
- Deporte que practica Vou ao ximnasio
- Unha viaxe pendente Á sabana africana