Logo do seu concerto de 35.º aniversario na Capitol de Santiago, achégase un 2024 xa con datas confirmadas
30 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.«Co peito cheo e agradecido», como nas últimas horas publicaban nas súas redes, foi como quedou a banda cercedense Zënzar logo do seu concerto do pasado sábado na sala Capital de Santiago. Non era un recital calquera, senón a celebración dos seus 35 anos de rock en galego, unha noite na que estiveron acompañados de moitos e importantes amigos. Logo desa cita xa veu algunha máis, mais outras chegarán xa no 2024, novas datas que a agrupación deu a coñecer nas últimas horas, con moito festexo e boureo opor parte dos seus seguidores. Non ten trazas de que vaia ser un mal ano. O 13 de xuño en Barcelona, o 15 en Pamplona, o 17 en Madrid, e do 19 ao 22, Cartaxena. Máis información e todos os detalles na web da banda, que participa así do Judas Priest e do Invincible Shield Tour España.
«Foi o camiño que andamos o que nos foi levando dunha parada a outra», contaban nunha entrevista recente para o suplemento Fugas de La Voz. Nela confesaban tamén que seguen adiante, con forza de grupo, porque son «uns yonquis do rock». Cando menos, logo, a polos 36 anos de vida.