Poderán degustarse as propostas na vindeira fin de semana, do 3 ao 5 de outubro
26 sep 2025 . Actualizado a las 16:15 h.Do 3 ao 5 de outubro • Vén de anunciar e poñer en marcha o Concello de Cerceda a iniciativa Cerceda Tapea, ruta gastronómica da que tomarán parte bares e restaurantes de Cerceda, Queixas, A Silva, Meirama e A Tablilla. Entre o 3 e o 5 de outubro, veciños e visitantes poderán degustar tapas a 2 euros, e ben diversas: dende preparacións tradicionais como callos, rabo de touro ou bacallau con patacas ao sal, ata innovacións como pan bao con perdiz en escabeche e salsa sriracha, taco de galiña de Mos ou ensalada de lentellas vegana. En horario de mediodía (de 12.00 a 15.00 horas) e tarde-noite (de 19.00 a 22.00), poderase facer parada nos establecementos A Taberna, Estación, Estanco, O Parque, O Tío Pepe, A Tella, Golán, Morriña, O Panadeiro, Orlando e Pallas. Cada tapa levará un rasca con premios directos, así como opción a participar en tres sorteos. Obxectivos: dinamizar a hostalaría local e poñer en valor a riqueza culinaria de Cerceda.