Letras e transmisión da lingua na poesía popular dende Corcubión

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CORCUBIÓN

As Xaviñanas, nunha imaxe de arquivo
As Xaviñanas, nunha imaxe de arquivo

A Universidade Popular ten un proxecto en marcha que dará a coñecer nas vindeiras horas

14 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Deseñou o Concello de Corcubión unha nutrida programación arredor das Letras Galegas cuxa primeira parada será este xoves 15 cunha foliada, un menú do que se informu xa nesta nova. Á iniciativa municipal súmanse propostas como a da Universidade Popular de Corcubión, que coa colaboración da Deputación vén de presentar o proxecto A transmisión da lingua na poesía popular. Pretende ser un recoñecemento ao papel das mulleres galegas como transmisoras de cantigas en galego, pero tamén de lendas ou historias de vida, do bo e do malo. Contadas e cantadas que ilustraban unha situación social.

A entidade corcubionesa dará a coñecer este proxecto en varias localidades este maio: a primeira cita será o venres 16 en Muxía mentres que o sábado será na casa, Corcubión. Logo virán Fisterra, Cee, ou Zas. A actividade inclúe actuacións dos grupos As Xaviñanas e As Rinchonas, que cantarán letras recollidas por Alan Lomax nos cincuenta, legado que dende a asociación se pon en valor grazas ao labor do mestre Miro Regueira.