Coroas e cetro restaurados para a Virxe das Mercedes de Corcubión

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CORCUBIÓN

Xornada concorrida na parroquia de San Marcos, con bendición e coroación incluída 

25 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi o de onte un mércores luminoso na vila de Corcubión. Tamén concorrido, pois celebraba a parroquia de San Marcos a súa segunda festa patronal, as Mercedes. Cos actos relixiosos e lúdicos asumidos dende a parroquia, foi este un ano especial, xa que durante a misa de mediodía presentáronse e bendicíronse as novas coroas da imaxe da Virxe e o seu neno, así como o cetro. Ata este momento en mal estado, as pezas foron restauradas e douradas, tendo lugar durante os oficios, co párroco Desire Koaukou, a coroación litúrxica. Logo saíuse en procesión. O programa das festas continúa hoxe, cunha misa ás 12.00 horas na honra de San Roque.