A candidata de Compromiso é partidaria de construír unha piscina mancomunada en Erbecedo
22 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Manoli Rodríguez Pereiro (Coristanco, 1972) é candidata á alcaldía coristanquesa por Compromiso por Galicia, e xa deixou claro que non pensa pactar con ninguén se chega a saír elixida concelleira.
-¿Como afronta esta nova etapa?
-Con moita ilusión e responsabilidade.
-¿Por que deu este paso?
-Foi a través dun compañeiro, hai uns dous anos, a raíz da excesiva suba de impostos municipais. Como gran parte dos veciños -eu son unha afectada- decidín entrar en política para tratar de darlle volta a esta situación.
-¿E a súa primeira experiencia en política?
-Si. Nunca militei en ningún partido.
-¿Que lle ofrece CxG?
-É unha formación que se adapta ao que é a miña ideoloxía.
-E agora a intentar dar o salto á alcaldía.
-Oxalá teñamos esa sorte. Creo que é o momento ideal e o mellor momento. Coristanco está moi abandonado. Hai moitos anos que este goberno non fai nada. É o momento xusto de facer este cambio.
-¿Que balance fai da xestión do goberno?
-Todo vén marcado pola excesiva suba de impostos. En Coristanco pagamos por servizos que non temos ou non gozamos. A suba de taxas non se axusta ao censo poboacional. Temos 6.900 habitantes e a caída da poboación é acusada dende hai moitos anos. Non é lóxico, por exemplo, que nenos e nenas de Coristanco teñan que desprazarse porque aquí non hai absolutamente nada.
-¿Como ve a situación xudicial na que se move o Concello de Coristanco?
-Está imputada a práctica totalidade do equipo de goberno local. O alcalde [en alusión a Antonio Pensado Plágaro] vai de cabeza de lista. Non sei ata que punto isto será bo, pero supoño que os veciños farán avaliacións sobre este tema.
-¿Cales son as propostas do CxG?
-A primeira decisión será a baixada de impostos. E segundo tratar de facer unha piscina mancomunada na parroquia de Erbecedo coas carballesas de Entrecruces, Rus e Ardaña.
-¿Que solucións ofrece para frear o abandono de parte do patrimonio e a proliferación de vertedoiros incontrolados?
-A área recreativa da Rocheira é algo que os veciños poderían gozar todo o ano, ao igual que a piscina, e, sen embargo, está todo abandonado.
-¿Que lle parece o proxecto da planta de biocombustible?
-Isto todo é fume por cuestións electorais. Hai anos falouse doutra de soia en Erbecedo, que quedou en nada.
A favor, en contra
Sanidade a inmigrantes ilegais: A favor
IVE cultural no 21 %: En contra, ten que ser menos
Cadea perpetua revisable: A favor
Xustiza gratuíta: A favor
Fusión de Concellos: A favor
Mancomunar servizos: A favor
O aborto: A favor
Legalización das drogas: A favor
Imputados nas listas: En contra
Legalización da prostitución: A favor
Preferencias
¿A que hora se ergue? Entre 8.30 e 9.00 horas
¿E que almorza? Un té verde
Prato preferido: Espaguetes con nata
¿Que non comería? Ourizos de mar
Bebida preferida: Coca Cola
Equipo de fútbol: O Deportivo, pero sen paixóns
¿Que coche ten? Un Ford Fiesta e un Peugeot
Unha afección: Viaxar
Un lugar: Illas Canarias
Unha rede social: Facebook
Artes e letras
Escritor favorito: Camilo José Cela
O último libro que liu: «Diario de Noa»
A última película que viu: «Diario de Noa»
Un artista: Picasso
Un actor: Antonio Banderas
Unha actriz: Julia Roberts
Un cantante: Chayanne
Tipo de música: A bailable
Programa de televisión: «Sálvame Deluxe»
Unha viaxe pendente: Xapón