Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Coristanco estrea a súa renovada biblioteca

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CORISTANCO

ANA GARCÍA

A instalación tamén estrea horarios, máis estentidos: funcionará de 08.30 a 20.30, pola semana

20 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Horarios estendidos —de luns a venres, de 08.30 a 20.30, doce horas ao día— e instalacións modernizadas. Por aí pasan as principais novidades da biblioteca municipal de Coristanco, que vén de inaugurar por tanto un novo tempo, e ademais na compaña do escritor Alfonso García López. El deu a coñecer o martes o seu libro Aprender a ser mayor: el libro blanco de los mayores, un convite á reflexión sobre o envellecemento activo e a importancia do benestar na terceira idade.

Tal e como divulgou o consistorio, a biblioteca, situada no primeiro andar da Casa da Cultura, na rúa da Pataca, sumou novas zonas de lectura, áreas de estudo con conexión de alta velocidade e tamén unha sección especial para os máis pequenos, con materiais educativos. Hai que engadir, pois, sala de xuntas, sala de conferencias e unha zona de relax para gozar da lectura con tranquilidade. No tocante aos máis pequenos, terán xogos, libros e actividades interactivas. «Un espazo máis inclusivo e accesible para todos e todas», publicou o Concello nas súas redes sociais.