Coristanco convida a durmir unha noite entre contos

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CORISTANCO

MARTINA MISER

Será o 26 de decembre, un tempo máxico para o que as inscricións están abertas ata o día 15

03 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Coristanco promove por vez primeira Durmindo entre contos, unha «pernocta máxica» de Nadal que se levará a cabo o 26 de decembro na biblioteca. «Proposta inédita e pioneira», segundo trasladan. Este Durmindo entre contos vai dirixido a nenos de 6 a 12 anos, con 30 prazas habilitadas: «Está deseñada para ofrecer unha experiencia única». É preciso estar inscrito no programa Xermolar, do que forma parte, e a actividade comezará ás 18.00 cunha actuación do músico Francisco Castro. Virá logo cea lixeira, monicreques, cine e, finalmente, o tempo de durmir. Inscricións ata o 15!