
Programación diaria durante as dúas primeiras semanas do mes de outubro
28 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Dúas semanas de actividades diarias é o que propón o Concello de Dumbría para dar a benvida ao outono, algo que fará con música, tecnoloxía, maxia, teatro ou letras na súa extensa rede de bibliotecas.
A programación comezará o vindeiro luns, co contacontos Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo azul, no Ézaro. O martes, monicreques con A Xanela do Maxín no Conco; o mércores, contacontos con temática de igualdade a cargo de Caxoto, en Buxantes; o xoves, música con Fran Amil en Berdeogas, e o venres, un obradoiro de manualidades para crear un portalibros en Olveira.
A semana seguinte, a do 9 ao 13 de outubro, continuará a programación cun obradoiro de robótica educativa no Ézaro, o luns; monicreques con Tarabelos o martes, no Conco; un obradoiro de maxia con Daniel García, o mércores en Buxantes; outro taller de robótica, o xoves en Berdeogas, e, por último, un obradoiro de experimentos científicos, o venres en Olveira.
Tódalas actividades son de acceso libre e gratuíto, e lévanse a cabo ás seis da tarde.