Voleibol e Xacarandaina atraerán miradas en Dumbría

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

DUMBRÍA

Xacarandaina tamén pasou por Olveiroa en agosto do 2023
Xacarandaina tamén pasou por Olveiroa en agosto do 2023 BASILIO BELLO

Xornadas intensas ten por diante a localidade, xa dende hoxe mesmo a nivel deportivo 

25 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Días intensos agardan por terras de Dumbría, dende os contos de onte arredor de Luísa Villalta ata o Campionato de España Sub19 de voleibol praia que comeza hoxe na praia do Ézaro, e que se prolongará ata o sábado. Moitas miradas se concentrarán nas vindeiras horas no areal e seguramente tamén as atraerá a nova actuación da agrupación Xacarandaina. A veterana formación volve a Dumbría e, máis concretamente, actuará mañá no cruceiro de Olveiroa, das 20.00 horas en adiante. As pandereteiras da entidade chegan a esta cita de raíz da man do programa Danza3, da Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais). Os interesados en admiralas non teñen máis que achegarse.