A nosa ficción

Vicente de Lema ONDA MAINA

FISTERRA

14 ene 2016 . Actualizado a las 00:18 h.

Ocatalán Víctor del Árbol, un exseminarista que foi mosso d?esquadra nos tempos do pujolismo, gañou o premio Nadal cunha novela ambientada na Costa da Morte. La víspera de todo é unha obra que vén a constatar, unha vez máis, o valor deste Fisterra atlántico como espazo literario, escenario de creatividade e foco de atracción de musas da bisbarra e tamén das chegadas dende os lugares máis insospeitados. Non é necesario lembrar as grandes plumas que sucaron as súas tintas sobre paraxes, camiños, montes, xentes, faros e mares da Costa da Morte. Obras para a grandeza da literatura universal. Se valor ten, e moito, que os autores próximos pousen a súa mirada na nosa terra, tamén o ten que escritores doutros lugares elixan este territorio como escenario de accións, paixóns, amores e feitos que van narrando atraídos polas escumas, os farelos e os rumorosos que arrolan aos que moran nis lindes do océano.

As novas sobre autores de lonxe que toman a Costa da Morte como referencia son constantes. Non hai moito que lembrabamos que Marta Rivera, xornalista e escritora candidata de Ciudadanos por Madrid que estivo de actualidade por meter varias veces o zoco na lama, publicou hai tempo Linus Daff. Inventor de historias, unha ficción sobre a vida de Fernando Blanco. Hai días puiden ler A jangada de pedra, de José Saramago, que conta como a Península se separa de Europa. E sorprendeume cando na páxina 208 Pedro Orce veu a dar nas costas galegas, e nun mar de tumulto, nin máis nin menos que cunha barca de pedra, co seu leme partido e un grande mastro, na que un santo veu á terra. Outro gran milagre da literatura.