O Fisterra Experience 2025, ao completo: así será o festival 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

FISTERRA

Cedida

O encontro, do 27 ao 29 de xuño, fusionará música, territorio e natureza, a vindeira fin de semana

22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Do venres 27 ao domingo 29 de xuño • Xa se coñecían as datas e algúns dos artistas participantes, mais agora o menú do festival Fisterra Experience xa está ao completo. A Pedreira, Baiuca, DJ Mil, Rapacollóns Big Band, Cigani, Thomas Kretzschmar con David Regueiro, Sabela and The Heart Breakers, Helena Egea, Mondra, MFC Chicken, Marta Lado e Modesto Fraga sumando historias fisterrás, Brass Atlantic Band, Andhrea and The Black Cats e DJ Vilouta irán desfilando ao pé «do cabo máis occidental de Europa» entre o venres 27 e do domingo 29 de xuño, é dicir, a vindeira fin de semana. Non o farán por un único escenario, senón que serán cando menos media ducia os da cita.

O Escenario Xacobeo (rúa da Foliada), o Escenario Fisterra (Praza da Constitución), o Escenario Atlántico (lugar de San Roque), o Semáforo de Fisterra (no faro), Cruceiros Fisterra (música a bordo) e as rúas, con música itinerante de bandas, descentralizarán este festival que se consolida como «único», coa «música e o territorio dialogando en harmonía coa natureza». Así o referencian dende a organización cun programa que mestura «vangarda e tradición», un Fisterra Experience que «destaca por ser un festival non masificado, sostible e integrador, recoñecido co selo BGreenly de Evento Sostible».

ÓSCAR GÓRRIZ

A entidade referencia no seu informe «a aposta pola calidade, o impacto positivo na vila, o compromiso ambiental e o fomento da comunidade local como sinais de identidade». Suman forzas para facer este encontro posible Concello de Fisterra, Nordesía, Xacobeo, Estrella Galicia, Xunta, Deputación, Bela Fisterra Hotel, Cruceros Fisterra e O Semáforo, xa sexa como organización ou brindando colaboración a esta.

As entradas

Xa están dispoñibles os billetes, a partir de 18 euros, para o Fisterra Experience en enterticket.es, con opcións para abonos, entradas de día e acceso a concertos especiais como ben pode ser o de música a bordo, navegando fronte ao cabo con Sabela & The Heartbreakers. Pezas de cantautora, electrónica, experiencias audiovisuais arredor da música e historia contemporáneas, charangas festivas, humor, virtuosismo ao violín, clásicos do blues, do gospel ou do country, o mundo das cantigas o e o baile tradicional, bandas de vento e percusión ou un DJ que é profeta na súa terra. De todo iso haberá no Fisterra Experience, para o que xa non queda nada. Comeza a conta atrás!

MONICA IRAGO

Escenario Xacobeo (rúa da Foliada)

Venres 27 de xuño

  • 21.00 horas: A Pedreira
  • 22.30: Baiuca
  • 00.00 horas. DJ Mil - Phonorama

Sábado 28 de xuño

  • 21.00 horas: Helena Egea
  • 22.30: Mondra
  • 00.00: MFC Chicken

Escenario Fisterra (Praza da Constitución)

Sábado 28 de xuño

  • 12.30 horas: Cigani
  • 18.20: Cigani de novo
  • 19.00: Sabela & The Heart Breakers

Escenario Atlántico (lugar de San Roque)

Sábado 28 de xuño

  • 12.30 horas: Xogos tradicionais
  • 13.00: Thomas Kretzschmar 4tet feat. David Regueiro

Domingo 29 de xuño

  • 12.00 horas: Historias de Fisterra
  • 13.30: Andhrea & The Black Cats

Pasarrúas

Sábado 28 de xuño

  • 12.00 horas. Rapacollóns Big Band

Domingo 29 de xuño

  • 12.00. Brass Atlantic Band

Música a bordo (Cruceros Fisterra)

Sábado 28 de xuño

  • 17.00: Sabela & The Heart Breakers

Semáforo de Fisterra (Faro)

Domingo 29 de xuño

  • 17.00 horas: DJ Vilouta