Ultreia en Fisterra: presentación da nova obra da escritora Branca Vilela

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCIA

A autora vén de internarse no mundo da novela infantil e xuvenil, cunha obra ambientada no Camiño Inglés

13 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Fisterra é fin, mais tamén é comezo. Foino, éo e serao en certa medida para a vieira Ultreia, a protagonista da nova obra de Branca Vilela, unha novela infantil e xuvenil que leva por título Ultreia no Camiño Inglés: a memoria do Ara Solis. A fisterrá incrementa a literatura en torno ás rutas de peregrinación e faino cunha obra publicada por Sial Pigmalión que toca moitos outros temas, sen perder nunca o faro do patrimonio inmaterial. Na que é a súa casa, Vilela estivo acompañada pola alcaldesa, Áurea Rodríguez; Manuel Mirás, presidente de honra da Asociación de Concellos do Camiño Inglés; e Basilio Rodríguez, presidente de Sial. Ilustran a novela Miriam Villamar e Carlos Canedo.