
Ata a fin do mundo achegáronse destacados persoeiros do mundo da literatura galega
01 oct 2025 . Actualizado a las 20:28 h.Destacados persoeiros do mundo da literatura galega achegáronse o pasado domingo ata o hotel Bela Fisterra para participar dun encontro arredor do 75 aniversario da editorial Galaxia.
O acto, conducido pola escritora ceense Concha Blanco, consistiu nunha dobre presentación que, segundo apuntan dende Galaxia, «amosan a vitalidade» da literatura galega. Trátase de O lanzador de Coitelos, de Fernando Castro Paredes e Premio Galaxia de Novela 75 Anos, e O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París.
Dende a histórica institución recalcaron o privilexio de conmemorar a efeméride nun lugar como o Bela Fisterra, ao que se achegaron persoeiros como María Pereira, directora de Merlín Comunicación; Xavier Alcalá, escritor e conselleiro de Galaxia, Basilio Lourenço, Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Lobato ou Modesto Fraga.
O grupo folk Sib do Solpor puxo o broche musical.