Francisco Vidal, PSOE de Laxe: «Quedamos detrás dos concellos da comarca»

F. RODRÍGUEZ / C. Viu CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana García

A carreira electoral | O candidato socialista cree que hai que reorientar a economía local para deixar de perder poboación e poder seguir adiante

16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Francisco José Vidal Castro é mariño mercante xubilado, ten 63 años e a súa primeira vez como candidato a alcaldía. Encabeza a lista do PSOE de Laxe. Hai anos foi militante de Esquerda Galega. Ademais ten a política municipal case no sangue porque tanto seu pai como seu tío foron alcaldes de Laxe.

—Cal é o seu obxectivo?

—A nosa idea, en principio, é derrotar ao PP e recuperar a alcaldía aínda que teñamos que pactar con algún dos outros grupos.

—Que pode pasar nesta ocasión habendo un partido político máis?

—É difícil de predicir, pero sendo un partido novo ten poucas posibilidades de chegar ao 5 %, pero si pode ter influencia no reparto de concelleiros pola lei D' Hondt.

—Que lle parece o feito no Concello nestes catro anos?

—Basicamente, este é un dos motivos polo que me presento ás eleccións. Polo abandono que tivo este Concello nestes últimos catro anos e que xa vén de antigo. Hai que dicir que xa non son estes últimos catro anos senón os anteriores Quedamos detrás do resto dos concellos da comarca por unha inactividade e falta de interese e de criterio dos gobernos anteriores que non souberon adaptarse a estes tempos poscovid, sobre todo. O Concello quedou un pouco atrasado no senso do desenvolvemento, de novidades na economía e un pouco na inercia esa de non facer nada e a ver se aguanto outras eleccións máis.

—Que destaca do seu programa electoral?

—Modernizar un pouco o Concello, o seu funcionamento. Pensamos que o sistema actual non é viable, non é efectivo. Sempre estamos agardando a que pase algo para solucionalo. Temos que prantexarmos un programa de mantemento anual para adiantarmos a todas esas necesidades que van aparecendo. Temos un problema estacional no verán co turismo que se está masificando e non temos servizos axeitados. O tráfico tódolos anos é unha loucura e hai dificultades coa xestión do lixo, que tampouco se adapta ás necesidades. É dicir, cambiamos dun día para outro dunha necesidade perentoria de recursos a unha tranquilidade máis absoluta. Temos que adaptarmos ao futuro. Ese é o meu lema de campaña. A economía de Laxe está baseada na pesca e no turismo. A primeira é un sector en declive en toda España e en toda Galicia, non só en Laxe. Temos que orientar ou buscar novas economías para poder seguir adiante e, polo menos, non seguir perdendo poboación.

—Estarán abertos a pactos?

—Evidente, non só porque en Laxe nos coñecemos todos, xa houbo outros pactos e porque é a lóxica nacional. O bipartidismo, en principio, está un pouco tambaléandose e hai outros partidos que teñen que participar na vida política. Nestes concellos pequenos, as cousas son máis personais que de partido.

A lista

1. Francisco José Vidal Castro

2. Marta Caamaño Alvarellos

3. Fabián José Romar Lema

4. Adriana Pose Silva

5. Miguel Ángel Carracedo Manrique

6. Deborha Rama Lema

7. Daniel Soneira Castro

8. Consuelo Lemus Insua

9. Oscar Cuevas Cillero

10. Isabel Río Martínez

11. Borja Martínez Vázquez

Suplentes

1. María Isabel Castro Fernández

Preferencias

  • A que hora se ergue? Co día
  • Que almorza? Bocadillo, froita e café
  • Prato preferido O bacallao
  • Que non comería? Comín de todo
  • Bebida preferida Auga
  • Equipo de fútbol O Dépor
  • Que coche ten? Teño moto
  • Unha afección Viaxar en moto e a vela
  • Un lugar Hoi An (Vietnam)
  • Unha rede social? Facebook

Artes e letras

  • Escritora, escritor favorito García Márquez
  • Último libro que leu Lejos, de Santiago Roncagliolo
  • Última película que viu No mires arriba
  • Un artista Un amigo meu vietnamita
  • Un actor Paul Newman
  • Unha actriz Carmen Machi
  • Un cantante Carlos Cano
  • Tipo de música Clásica
  • Deporte que practica Vela e motorismo
  • Unha viaxe pendente Cruzar Australia en moto

Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.