O Caietano segue reinando no «Laxentroido»: comeza o 1 de marzo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

BASILIO BELLO

O Concello laxense concentra as actividades en tres días, o último deles o domingo 9 de marzo

21 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Bulen os preparativos en Laxe para o seu Laxentroido, de iniciativa municipal e con actividades concentradas en tres xornadas —sábado 1 de marzo, venres 7 e domingo 9—, un ano máis co Caietano como protagonista. O popular personaxe será o encargado de abrir o desfile do día 1, acompañado pola charanga Santa Compaña e por Pulpiño Viascón (17.30). Seguirá a festa no pavillón, ás 18.30, coa cuarta edición dun certame participativo de entroidos e premios para as comparsas de 250, 150 e 100 euros, a investir na hostalaría do municipio. Logo de troulear uns cantos días, o velorio de Caietano será o venres 7, ás doce do mediodía, e dous días despois, chegaralle a misa cómica na Praza dos Voluntarios: 18.00 horas, domingo 9. Haberá un desfile de despedida do entroido animado pola Batucada-Escola de Samba Malandros, ata o entorno da praza de Ramón Juega. Alí arderá, nunha «queima pirotécnica silenciosa».