Proxección de varias curtas en Corcubión e festa do Orgullo en Laxe, esta finde

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

Día da Diversidade Sexual | Propostas con motivo do Orgullo esta fin de semana na Costa da Morte

27 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Os xardíns da Casa do Concello de Corcubión acollerán esta tarde, a partir das oito e media, unha proxección múltiple de varias pezas audiovisuais con motivo do Día da diversidade sexual, que se conmemorará mañá internacionalmente. Quen se achegue ao lugar, poderá ver as curtametraxes El que no se agache, de Agustín Segura; Querida mía, de Antía Romero, e Ese lugar partido, Con mis ojos e Porque no me gusta el helado de fresa, de Inés Pintor e Pablo Santidrián.

Ademais, A Ventana, establecemento hostaleiro en Laxe, promove para mañá unha Festa da Diversidade que incluirá unha cabalgata LGTBIQ+ a cargo do colectivo Laxe ten Orgullo (17.00, polas rúas da vila) e un concerto de Henko acústico (23.30). Entrada libre e gratuíta.

En Carballo, ademais, o avogado experto en asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo Miguel Vieito participou onte nunha palestra sobre medidas para a igualdade e a non discriminación no ámbito laboral.