Onte foi a entrega de galardóns
11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe vén de ser un dos cinco centros premiados no Concurso Galego de Vídeos Científicos 2025 que convoca, ao abeiro do Mes da Ciencia en Galego, a Isstitución Galega da Ciencia coa colaboración da Xunta. O obxectivo é promover entre a rapazada a innovación científica en lingua galega. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, entregou onte os galardóns aos centros gañadores. O colexio laxense presebtou a filmación Foguete de Cabo. O alumnado expuxo no acto o seu traballo e recibiron un premio económico, un lote de libros e un diploma acreditativo. O seu proxecto pode consultarse na web de Igaciencia.