Malpica lembrou, 86 anos despois, a chegada das Misións Pedagóxicas á vila

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

A exposición fotográfica sobre tal fito conta agora cunha nova testemuña aportada por Xurxo Alfeirán

21 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Leva xa uns cantos anos o Concello de Malpica conmemorando o paso das Misións Pedagóxicas pola vida, máis a deste ano será lembrada dun xeito ben especial. Primeiramente, por ter coincidido nese mesmo 20 de outubro no que os monicreques de Rafael Dieste entretiveron a ducias de cativos; pero tamén pola recuperación dunha nova imaxe daquel histórico día, portada por Xurxo Alfeirán. Agora, a exposición As Misións Pedagóxicas en Malpica contarán cunha nova testemuña en formato de instantánea.

RECUPERADA POR XURXO ALFEIRÁN

De xeito paralelo á mostra, colocada no centro cívico dende hai uns días e nutrida da colaboración dos veciños, onte celebráronse unha serie de actos conmemorativos nos que, como xa vén sendo habitual, non faltaron os monicreques nin o magosto popular. Do primeiro encargouse Larraitz Urruzola, que trouxo o espectáculo Dona Barriga Verde; do segundo deron boa conta os veciños que se achegaron a degustar castañas, licor café e chocolate quente. Déronse, así mesmo, premios aos que portaron os mellores traxes de época.