A asociación malpicá Mallas de Area lanza o número 2 da súa revista
CARBALLO/ LA VOZ
MALPICA DE BERGANTIÑOS

A comisión de festas anuncia que contido e estética serán homenaxe a Lugrís, á xente do mar ou ás pandeireteiras
30 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A comisión de festas de Malpica, Mallas de Area, vén de presentar e lanzar en redes a portada do número 2 da súa revista, As mallas da area, neste momento en proceso de impresión e prevista para presentar en vindeiras datas. «Tanto a estética como o contido é unha homenaxe a Urbano Lugrís. Tamén á xente do mar e ás pandeireteiras homenaxeadas nas Letras Galegas deste ano», publicou a entidade. Incluirá entrevistas como a do vocalista de Celtas Cortos, grupo estrela das pasadas festas de Santo Hadrián, ou á docente e escritora Olga Rodríguez Díaz.