Malpica celebra que o pleno das Letras vaia ser na localidade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

Agradece á Real Academia Galega «que valorase positivamente a proposta malpicá»

11 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega celebrará o pleno das Letras en Malpica en homenaxe ás pandereteiras de Mens. O Concello congratúlase desta nova e agradece á RAG «que valorase positivamente a proposta malpicá e fixese posible que os actos do Día das Letras Galegas deste 17 de maio cheguen tamén a Malpica», trasladou nun comunicado.